Beeway. www.beeway.com.tw Reference source from the internet.
Un Pen Drive, memoria USB ou chaveiro USB (en inglés USB flash drive) é un pequeno dispositivo de almacenamento que utiliza a memoria flash para gardar a información sen necesidade de pilas. Os pen drive son resistentes aos pequenos golpes e ao pó que afectan a outras formas previas de almacenamento portable, como os CDs e os disquetes.
Os sistemas operativos máis modernos poden ler e escribir nos pen drive sen necesidade de controladores especiais. Nos equipos antigos (como por exemplo os equipados con Windows 98) necesitase instalar un controlador para o dispositivo.
[editar] Historia
As unidades flash USB foron inventadas en 1998 por IBM como un reemplazo das unidades de disquete para a súa liña de produtos ThinkPad. Aínda que foi un invento de IBM, este non o patentou. IBM contratou máis tarde a M-Systems para desenvolvelo e fabricalo en forma non exclusiva. Actualmente M-Systems mantén a patente deste dispositivo.
As primeiras unidades flash foron fabricadas por M-Systems baixo a marca "Disgo" en tamaños de 8 MB, 16 MB, 32 MB e 64 MB.
[editar] Características
Os actuais pen drive son USB 2.0 (Universal Serial Bus), o que lles permite alcanzar velocidades de escritura/lectura de ata 480 Mbit/s teóricos (aínda que na práctica, como moito, alcanzan uns 20 Mbytes/s, isto é, 160 Mbit/s). Teñen unha capacidade de almacenamento que vai desde uns poucos Megabytes ata 64 Gigabytes. Porén, algúns ordenadores poden ter dificultades para ler a información contida en dispositivos de máis 2 GB de capacidade.
Algúns chaveiros USB en vez de incluír a memoria flash integrada, incorporan un minilector de tarxeta de memoria. Isto permite reutilizar a memoria de, por exemplo, unha cámara dixital.
Calquera tarxeta de memoria é máis cara que un pen drive, polo que a combinación de tarxeta e lector USB non é o máis económico.
[editar] Utilidade
A maioría das memorias USB son pequenas e lixeiras. Son populares entre persoas que necesitan transportar datos entre a casa, escola ou lugar de traballo. Teoricamente, a memoria flash pode reter os datos durante uns 10 anos e escribirse un millón de veces.
Aínda que inicialmente foi concebido para gardar datos e documentos, é habitual atopar tamén nas memorias USB programas de utilidade que o usuario pode executar directamente desde o dispositivo, sen necesidade de realizar ningunha instalación no sistema operativo anfitrión. Os novos dispositivos Ou3 para Microsoft Windows integran un menú de aplicacións, semellante ao propio menú de "Inicio", que permiten organizar arquivos de imagenes, música, etc. Para memorias doutros fabricantes tamén existen coleccións baseadas en software libre como é o caso de PortableApps.com.
Outra utilidade destas memorias é que, se a BIOS do equipo admíteo, poden arrincar un sistema operativo sen necesidade doutro disquete, CD, DVD nin sequera disco duro. O arranque desde USB está moi estendido en ordenadores novos e un USB ocupa moito menos e é máis rápido que unha disquetera ou ata que un lector de DVD/CD-ROM. Pódense atopar distribucións de GNU/Linux que están contidas completamente nun llavero USB e poden arrincar desde alí (véxase LiveCD).
As memorias USB de gran capacidade, do mesmo xeito que os discos duros ou grabadoras de CD/DVD son un medio fácil para realizar unha copia de seguridade, por exemplo. Hai grabadoras e lectores de CD-ROM, DVD, disquetera ou Zip que se conectan por USB.
Como medida de seguridade, algunhas memorias USB teñen posibilidade de impedir a escritura mediante un interruptor, como a pestana dos antigos disquetes. Outros permiten reservar unha parte para ocultala mediante unha clave.
[editar] Compoñentes
1 | Ficha/Conector USB |
---|---|
2 | Dispositivo de control de almaceamento masivo USB |
3 | Puntos de Test |
4 | Chip de memoria flash |
5 | Cristal Oscilador |
6 | LED |
7 | Interruptor de seguridade contra escrituras |
8 | Espazo libre para un segundo chip de memoria flash |
As partes dunha memoria Flash típicas son as seguintes:
- Conector USB macho tipo A: Prové da interface física coa computadora anfitriona
- Controlador USB de almacenamiento masivo: Implementa o controlador USB e prové a interfaz homoxénea e lineal para dispositivos USB seriales orientados a bloques, mentres oculta a complejidad da orientación a bloques, eliminación de bloques e balance de desgastar. Este controlador posúe un pequeno microprocesador RISC e un pequeno número de chips de memoria RAM e ROM
- Pontes(Jumpers) e Pines de proba: Utilizados en probas durante a fabricación da unidade ou para a carga de código dentro do procesador.
- Chip de memoria Flash NAND: Almacena datos, este tipo de chips tamén é usado comunmente en cámaras digitales.
- Cristal Oscilador: Produce o sinal de reloxo principal do dispositivo a 12MHz e controla a saída de datos a través dun bucle de fase pechado (phase-locked loop)
- LEDs: Indican a transferencia de datos ou as lecturas e escrituras.
- Interruptor para protección de escritura: Utilizado para protexer os datos de operacións de escritura ou eliminaciones.
- Espazo Libre: Disponse dun espazo para incluír un segundo chip de memoria, isto permítelle aos fabricantes utilizar o mesmo circuíto impreso para dispositivos de distintos tamaños e responder así ás necesidades do mercado
歡迎進入Beeway的憶想世界—以記憶體為基調 結合創新科技、設計美學、健康概念、工業藝術、與時尚流行等元素, 賦予隨身碟更豐富多元的面貌.
Beeway專門設計製造USB隨身碟飾品,最新產品為高品質的鈦鍺USB隨身碟項鍊組
Mail:sales.beeway@msa.hinet.net www.beeway.com.tw
TEL:886 4 24759277 FAX:886 4 24714839
We manufacture and design USB Flash Drive Disk / Memory Stick with accessory by combining advanced tech, stylish esthetics, health concept, craft, and fashion. Creativity is our best power.
隨身碟,U盤, 禮物、鈦鍺項鍊’‘Alc'hwez USB‘USB stick‘USB flash paměť‘USB-nøgle‘USB-Massenspeicher‘USB flash drive‘USB-poŝmemorilo‘Memoria USB‘Mälupulk‘USB-muisti‘Clé USB‘Memoria USB‘החסן נייד‘USB-tykač‘USB ֆլեշ քարտ‘Clave de memoria USB‘USB flash drive‘Chiave USB‘USBメモリ’USB 플래시 드라이브‘Pemacu kilat USB‘USB-stick‘Minnepinne‘Minnepinne‘Pamięć USB‘USB Flashdisk‘USB flash drive‘USB flash drive‘Jednotka USB flash‘USB-ključ USB-minne‘แฟลชไดรฟ์‘Ổ USB’
沒有留言:
張貼留言